Inicio > Áreas > Discapacidade > Plan de reforzo de persoal para valoración da discapacidade. 2024-2027

Plan de reforzo de persoal para valoración da discapacidade. 2024-2027

O “Plan de reforzo de persoal para valoración da discapacidade. 2024-2027", cofinanciado polo FSE PLUS, no marco do PO FSE+ GALICIA 2021-2027, para os anos 2024 a 2027 ten como obxectivo específico 4.11. "mellorar a igualdade e a oportunidade do acceso a uns servizos de calidade, sostibles e asequibles, incluidos os servizos que propicien o acceso á vivenda e uns coidados centrados nas persoas, especialmente a sanidade; modernizar os sistemas de protección social, especialmente o fomento do acceso á protección social, cunha atención particular aos nenos e aos colectivos desfavorecidos; mellorar a accesibilidade, tamén para persoas con discapacidade, a efectividade e a resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e de dependencia".

A operación consiste na contratación de persoal de valoración da discapacidade e conformación de equipos multidisciplinares de orientación e valoración como medida de reforzo que se desenvolverá de maneira simultánea a un conxunto de medidas de carácter estrutural postas en marcha para a mellora do procedemento de recoñecemento da discapacidade e aumentar a capacidade de resposta ante as solicitudes, para os anos 2024 a 2027.