Inicio > Recursos > Plans e programas > Axenda Social Única de Galicia 2021-2024

Axenda Social Única de Galicia 2021-2024

A Axenda Social Única de Galicia 2021-2024 comprende un total de 93 medidas que se levarán a cabo baixo a responsabilidade da Xunta de Galicia, das Entidades locais ou en cooperación entre ambas e en colaboración do Terceiro sector.

O seu obxectivo é reforzar a coordinación interadministrativa e desta co Terceiro sector social a través de medidas que abordan as necesidades sociais da poboación que precisa de apoios para mellorar a súa calidade de vida, nomeadamente a través da súa autonomía ou da súa inclusión social ou sociolaboral.