Inicio > Recursos > Plans e programas > II Foro Xuntos fronte os AbuSOS

II Foro Xuntos fronte os AbuSOS

O 29 de novembro a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia organizou o II Foro XUNTOS fronte aos ABUSOS, unha xornada na que dez profesionais multidisciplinares de recoñecido prestixio na actuación e tratamento fronte aos abusos sexuais na infancia compartiron os seus coñecementos. foronen charlas de 20 minutos nas que procurarán condensar toda a súa experiencia acumulada.

Esta sesión formativa estivo destinada fundamentalmente a profesionais que traballan directamente coa infancia, dende calquera eido, social, educativo, xurídico ou sanitario. Polo tanto, o perfil profesional é moi variado: psicólogos, pedagogos, educadores e traballadores sociais dos equipos técnicos de menores, dos servizos sociais comunitarios, dos centros de acollemento residencial, dos gabinetes de orientación familiar, de centros Quérote ou dos centros de información á muller ou do Servizo Galego de Saúde.

En todo caso, se non tiveches a oportunidade de asistir podes ver a xornada na seguinte ligazón

Documentos relacionados