Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa Benestar en Balnearios

Programa Benestar en Balnearios

Benestar en balnearios

A Xunta volve a poñer en marcha o programa de Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia.

En que consiste? 

Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 16 balnearios de Galicia en varias quendas, entre 22 de outubro e o 31 de decembro de 2023.

A quen vai dirixido?

Maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, se se desexa (pódense solicitar 2 prazas máximo por persoa)

Cal é o prazo de inscrición?

Do 19 de setembro ao 18 de outubro de 2023, ambos incluídos, para a convocatoria do programa no 2023.

Como e onde se solicita a praza?

  • Online: tramitación en liña na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento BS607A)
  • Presencial: en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia, así como en calquera oficina de Correos presentando a solicitude impresa que se pode descargar na propia sede electrónica e na web da Consellería de Política Social e Xuventude. 

Descarga aquí a solicitude para o/a teu acompañante segundo corresponda:

Cal é o custo?

Como confirmar a reserva?

Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, contactarase co balneario escollido directamente para seleccionar a quenda de interese, e depositar 30€ en concepto de reserva. O importe restante abonarase á chegada ó establecemento.