Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Pasa a PO FSE Galicia 2014-2020 “Inviste no teu futuro”

EU

 

Programa de Apoio ás Persoas en Risco de Desafiuzamento, dentro do programa operativo FSE+

Obxectivo político: 4.: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais.

Prioridade 2.: Inclusión social e loita contra a pobreza.

Obxectivo específico:

ESO 4.8.: Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.

Medida

2.H.04.: Mellora da inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos.

Campo de intervención

153: Vías de integración e reintegración no mundo laboral das persoas desfavorecidas.

Descrición da operación:

Órgano xestor: Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión.

O programa de asesoramento e intervención para evitar posibles desafiuzamentos da vivenda habitual das persoas en risco de exclusión social ten o seguinte contido:

  • Información e orientación ás persoas e ás familias en risco de desafiuzamento por execución hipotecaria ou falta de pagamento do alugueiro sobre as actuacións para realizar, atendendo á súa situación e circunstancias particulares, incluído, se fose o caso, o asesoramento para a xestión da asistencia xurídica gratuíta.
  • O asesoramento xurídico e económico, que inclúe a realización de actuacións de mediación coas entidades financeiras, así como o apoio no redeseño e planificación da economía familiar tratando de evitar, cando sexa posible, a apertura de procesos de execución hipotecaria da vivenda habitual.
  • Análise da situación por falta de pagamento do alugueiro, tramitación do bono de alugueiro social derivación e coordinación cos servizos sociais comunitarios municipais dos concellos ou ás distintas plataformas que xestionan bolsas de alugueiro social, apoio na tramitación das alternativas que sexan necesarias tentando atopar unha solución ante un posible desafiuzamento.
  • Atención social específica, procurando intervir sobre os factores de vulnerabilidade social que poidan presentar as persoas e as familias en risco ou situación de desafiuzamento por execución hipotecaria ou falta de pagamentos de alugueiros promovendo a formulación de proxectos de integracións que atendan ás situacións específicas de partida de cada persoa.
  • Procura, no seu caso, da inclusión laboral, neste sentido, en coordinación coas oficinas de colocación e emprego, a través dos axentes de emprego, derivando ás persoas ao servizo galego de orientación e emprego cara unha inserción e capacitación socio-laboral.
  • Apoio na procura dunha vivenda alternativa para aquelas persoas e unidades familiares que poidan perder a súa vivenda por motivo dun proceso de desafiuzamento.

 

  • RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de abuso sexual, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213G).